Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas
Subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Marzo 2014 12:44

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación das bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes ao exercicio 2014 (Deputación Provincial de Ourense).


O obxecto das presentes bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, de subvencións para o financiamento de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas relacionadas coas artes escénicas e musicais promovidos por persoas físicas ou xurídicas, que se desenvolvan integramente na provincia de Ourense e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2014, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva. Exclúense do obxecto da presente convocatoria, e por conseguinte, non poderán obter subvención ao seu abeiro, as seguintes actividades:
- A realización de actuacións escénicas ou musicais, de carácter senlleiro, que poidan ser obxecto de subvención a través da convocatoria anual realizada por esta Deputación Provincial para o fomento das actividades escénicas e musicais no marco do Plan Tarazana (BOP n.º 57 do 11 de marzo de 2014) e a realización de actividades culturais e recreativas que poderán ser obxecto de subvención a través da convocatoria de subvencións para o financiamento de proxectos de actividades culturais e/ou recreativas promovidos por concellos e entidades sen ánimo de lucro da provincia de Ourense e que se realicen durante o ano 2014 (BOP n.º 49 do 28 de febreiro de 2014).
- As actividades promovidas pola Xunta de Galicia, a Administración Xeral do Estado e as súas entidades vinculadas ou dependentes.
3. Os solicitantes poderán presentar cantos proxectos desexen ao abeiro desta convocatoria, sempre que teñan por obxecto a realización de actividades conformes á definición contida no apartado anterior.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro da presente convocatoria as persoas físicas e xurídicas promotoras de actividades subvencionables.

Contía máxima das subvencións
A contía das subvencións obxecto da presente convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento dos proxectos seleccionados, podendo acadar, como máximo, o 70% do custo total de cada proxecto. Sen prexuízo do anterior, ningún beneficiario poderá obter, ao abeiro desta convocatoria, subvencións por importe superior a 20.000 € para o conxunto dos distintos proxectos que presente. Para a aplicación desta regra, nos supostos en que o solicitante presentase diferentes proxectos cuxa valoración conforme ao establecido na base 9ª determinase a obtención dunha contía superior ao límite máximo de 20.000 €, a Deputación concederá as subvencións na contía que proceda de conformidade coa dita valoración, seguindo estritamente a orde de puntuación dos distintos proxectos e ata acadar límite dos 20.000 €, quedando denegada a subvención para os proxectos aos que correspondería a contía excedentaria do dito límite. No suposto en que a valoración asignada a un proxecto exceda só parcialmente ese límite, a contía da subvención axustarase ata ese límite máximo.

Gastos subvencionables
Considéranse gastos subvencionables aqueles que, atopándose incluídos nos conceptos recollidos no artigo 31 da Lei xeral de subvencións, forman parte do desenvolvemento do proxecto ou programa obxecto da presente convocatoria, tales como os cachés dos actuantes, premios, aluguer de espazos, servizos e equipamentos técnicos así como os gastos de viaxes e aloxamento dos participantes nas actuacións solicitadas.
En todo caso, non terán o carácter de gastos subvencionables os seguintes:
a) Gastos protocolarios.
b) Inversión ou adquisición de material ou equipos.
c) Comidas e actividades secundarias sen finalidade cultural.
d) Salarios, seguros sociais do persoal ao servizo do promotor
e) Gastos de mantemento de locais.
f) Investimentos consistentes na realización de calquera tipo de obras.
g) Gastos de adquisición de bens inventariables.
h) Os impostos indirectos, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e os impostos persoais sobre a renda.
i) Os xuros, recargas e sancións administrativas e xudiciais.
j) Xuros debedores de contas bancarias.

Solicitudes: lugar, prazo de presentación e documentación
1. As solicitudes, subscritas polo interesado ou polo representante legal da entidade, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, mediante a presentación no rexistro xeral desta entidade ou a través de calquera outro medio
dos previstos no artigo 38.4 da Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. O prazo improrrogable de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
3. As solicitudes deberán formularse achegando a seguinte documentación:
a) Documentación administrativa:
a.1) Documentación administrativa para presentar polas persoas xurídicas públicas:
1.- Solicitude dirixida á Presidencia da Deputación no modelo oficial, recollido no Anexo I das presentes bases. Deberá achegarse
unha solicitude para cada proxecto presentado.
2.- Certificado do acordo de aprobación, polo órgano competente da entidade solicitante, da solicitude de subvención para os diferentes proxectos que se presenten.
3.- Declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de atoparse a entidade ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. Para a formulación desta declaración poderá utilizarse o modelo recollido no anexo II das presentes bases.
4.-Declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións públicas solicitadas para os mesmos fins, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, segundo o modelo anexo III.
5.- Autorización para recibir a través de correo electrónico e/ou sms a comunicación do aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada, da publicación do trámite de audiencia da proposta provisional de resolución, da publicación do acordo de resolución do concurso e do aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias na documentación presentada para a xustificación da subvención concedida, segundo o modelo anexo IV.
A presentación do documento sinalado no apartado 5 non é obrigatoria, senón voluntaria, pero, en caso de non presentarse, a
Deputación non efectuará ningunha comunicación individual ao interesado relativa á emenda de deficiencias na solicitude, ao
trámite de audiencia, ao acordo de resolución do concurso e á emenda de deficiencias na xustificación, publicitándose a información correspondente exclusivamente a través da páxina web e ademais no BOP no caso da resolución do procedemento, conforme co sinalado nas bases 7ª e 11ª, respectivamente.
a.2) Documentación administrativa para presentar polas persoas xurídicas privadas:
1.- Solicitude dirixida á Presidencia da Deputación no modelo oficial, recollido no Anexo I das presentes bases.
2.- Copia cotexada do CIF da entidade.
3.- Copia cotexada do DNI do representante da entidade.
4.- Certificado de inscrición no rexistro oficial correspondente ao tipo de entidade de que se trate.
5.- Estatutos sociais da entidade.
6.- Poder co que actúe o representante da entidade, agás que a dita función lle corresponda conforme ós estatutos sociais, en razón do seu cargo na entidade, en cuxo caso a validez da representación acreditarase mediante documento acreditativo do seu nomeamento ou elección.
7.- Declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de atoparse a entidade ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. Para a formulación desta declaración poderá utilizarse o modelo recollido no anexo II das presentes bases.
8.- Declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para os mesmos fins, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo III.
9.- Autorización para recibir a través de correo electrónico e/ou sms a comunicación de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada, da publicación do anuncio de inicio do trámite de audiencia da proposta provisional de resolución, da publicación do acordo de resolución do concurso, e do aviso do inicio do
prazo de emenda de deficiencias na documentación presentada para a xustificación da subvención concedida, segundo o modelo anexo IV.
A presentación do documento sinalado no apartado 9 non é obrigatoria, senón voluntaria, pero, en caso de non presentarse, a
Deputación non efectuará ningunha comunicación individual ao interesado relativa á emenda de deficiencias na solicitude, ao
trámite de audiencia, ao acordo de resolución do concurso, e á emenda de deficiencias na xustificación publicitándose a información correspondente exclusivamente a través da páxina web e ademais no BOP no caso da resolución do procedemento, conforme co sinalado nas bases 7ª e 11ª, respectivamente.
As persoas xurídicas privadas estarán eximidas de presentar os documentos sinalados nos apartados 2, 3, 4, 5 e 6 cando estes documentos xa obrasen en poder da Deputación, agás no caso en que se producisen modificacións no contido dos ditos documentos ou nas circunstancias de feito ou de dereito que se reflicten neles, suposto no que se deberá presentar o novo documento que substitúa ao anterior. Para estes efectos, os solicitantes deberán facer constar na súa solicitude que se acollen expresamente a este dereito, mediante o modelo oficial que figura no anexo V. Este modelo deberá ser cuberto correctamente
para producir efectos. En caso de que non se presente ou se presente incompleto, non se terá en conta para os efectos da tramitación do expediente.
a.3) Documentación administrativa para presentar polas persoas físicas:
1.- Solicitude dirixida á Presidencia da Deputación no modelo oficial, recollido no Anexo I das presentes bases.
2.- Copia cotexada do DNI do solicitante.
3.- Declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. Para a formulación desta declaración poderá utilizarse o modelo recollido no anexo II das presentes bases.
4.- Declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo III.
5.- Autorización para recibir a través de correo electrónico e/ou sms a comunicación de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada, da publicación do anuncio de inicio do trámite de audiencia da proposta provisional de resolución, da publicación do acordo de resolución do concurso, e do aviso do inicio do
prazo de emenda de deficiencias na documentación presentada para a xustificación da subvención concedida, segundo o modelo anexo IV.
A presentación do documento sinalado no apartado 5 non é obrigatoria, senón voluntaria, pero, en caso de non presentarse, a
Deputación non efectuará ningunha comunicación individual ao interesado relativa á emenda de deficiencias na solicitude, ao
trámite de audiencia, ao acordo de resolución do concurso, e á emenda de deficiencias na xustificación publicitándose a información correspondente exclusivamente a través da páxina web e ademais no BOP no caso da resolución do procedemento, conforme co sinalado nas bases 7ª e 11ª, respectivamente.
b) Documentación para a valoración das solicitudes para presentar polas persoas físicas e xurídicas:
Presentarase un proxecto descritivo de cada actividade a realizar, que conterá, polo menos, a seguinte información:
a) Memoria descritiva do proxecto, incluíndo os seguintes apartados:
a.1) Descrición das actuacións que o integran, indicando detalladamente o interese, singularidade e importancia artística e cultural do proxecto.
a.2) Obxectivos que se pretenden acadar coa organización do proxecto.
a.3) Prazo ou data/s de execución.
b) Orzamento individualizado e detallado en ingresos e gastos.
c) Se é o caso, memoria da traxectoria e interese cultural e artística do evento en exercicios anteriores, achegando recortes de prensa, fotos, información na web, datos sobre o desenvolvemento do evento, participantes e calquera información que sirva para constatar a evolución e incidencia social do programa ou actividade.
A documentación presentada deberase axustar aos criterios de valoración establecidos na base novena da presente convocatoria.
Advírtese expresamente que non serán obxecto de valoración, denegándose a concesión da subvención a aquelas solicitudes nas que non se acheguen, cando menos, a memoria descritiva co contido definido no apartado a) e o orzamento do apartado b). Procederase de igual xeito nos supostos en que os documentos presentados se atopen incompletos, padezan de defectos esenciais que impidan ou dificulten gravemente a súa valoración ou conteñan datos ou previsións de difícil ou imposible realización.
4. Cada peticionario de axuda deberá presentar unha solicitude no modelo anexo I para cada proxecto diferenciado das actuacións para as que se solicite subvención, acompañada do correspondente proxecto descritivo conforme ao establecido no apartado anterior. No que se refire á documentación administrativa distinta da solicitude no modelo anexo I, terá carácter común para todos eles, bastando con que se presente nunha das solicitudes.

Máis información en https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=65&fecha=20140320

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>