Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Corrección de erros das bases reguladoras para a concesión de subvencións a establecementos turísticos para obtención ou mantemento da marca Q
Corrección de erros das bases reguladoras para a concesión de subvencións a establecementos turísticos para obtención ou mantemento da marca Q PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Marzo 2014 12:46

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación da corrección de erros da resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.


Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 13 de marzo de 2014, faise necesario realizar a oportuna corrección:

Na páxina 10746, no artigo 16.1 das bases reguladoras, onde di: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de setembro de 2014, ...», debe dicir: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de decembro de 2014, ...».

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>