Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Curso homologado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas
Curso homologado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Marzo 2014 09:37

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín  infórmase da publicación da resolución do 12 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.


A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Do 7 ao 11 de abril de 2014 (Horario: de 17.00-21.15 horas, agás o día 11.4.2014 que será de 17.00-21.00 horas).
4. Lugar de realización:
Fundación Coren.
Estrada nacional 120, vía provincial O-410, nº 41, Razamonde.
32459 Cenlle (Ourense).
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8 Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 31 de marzo de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981886924/639606381. Fax: 881242945, correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>