Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Emprendetur I+D+i
Programa Emprendetur I+D+i PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Marzo 2014 11:54

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 20 de marzo de 2014, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se efectúa a convocatoria correspondente ao exercicio 2014 de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+i composto polas liñas Emprendetur I+D e Emprendetur Desenvolvemento de Produtos Innovadores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.

Convócase a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+ i composto polas liñas Emprendetur I+D e Emprendetur Desenvolvemento de produtos innovadores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo. Esta convocatoria rexerase pola Orde IET/2481/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+i composto polas liñas Emprendetur I+D e Emprendetur Desenvolvemento de produtos innovadores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.

Tipos de actuación. Gastos financiables. Características das axudas

1. Poderán ser obxecto das axudas os proxectos e modelos de negocio que se adecúen aos ámbitos de coñecemento científico tecnolóxico do sector turístico especificados no anexo I da presente convocatoria. Os proxectos e modelos de negocio, ou no seu defecto os gastos financiados con cargo aos préstamos, deberán ter comezado a executarse con posterioridade á data de publicación da presente convocatoria. Así mesmo, o prazo máximo de execución de proxectos e modelos de negocio será de dous anos podendo incluírse entre os gastos financiables todos aqueles que se realizasen con anterioridade á finalización do mencionado prazo.
2. As actividades obxecto de axuda poderán realizarse na totalidade ou parte do territorio español.
3. As axudas destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto ou actuación para o que se concedesen. Serán subvencionables as seguintes categorías de gastos:
a) Gastos de persoal.
b) Custos de instrumental e material inventariable na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto.
c) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado.
d) Establécese a compensación dos gastos xerais e a súa imputación ao proxecto nun tanto alzado máximo do 20% dos custos totais de persoal do proxecto, sen necesidade de xustificación.
e) Outros gastos de funcionamento, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.
Os límites máximos de financiamento correspondentes aos gastos contemplados no parágrafo a) serán os establecidos no anexo III da Orde IET/2481/2012, do 15 de novembro.
Os límites máximos de financiamento correspondentes aos gastos contemplados no parágrafo a) serán os establecidos no anexo III da Orde IET/2481/2012, do 15 de novembro.
4. Subcontratación:
a) Un beneficiario subcontratar cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade obxecto da axuda. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade obxecto da axuda.
b) O custo da subcontratación non poderá superar en ningún caso o 50 por cento do custo total da actuación.
c) En relación con todas as cuestións relacionadas coa subcontratación será de aplicación o disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e normativa concordante.
5. As axudas terán a forma de préstamos reembolsables. O importe dos préstamos a conceder será de ata un máximo do 75 por cento do presuposto financiable da actuación, sen que a cantidade financiada poida superar a cifra de 1.000.000 de euros ou a cifra do neto patrimonial acreditado da empresa no momento da solicitude. O límite máximo de financiamento será o menor destes importes.
Os préstamos terán un tipo de xuro do 2,264% e un prazo de amortización de cinco anos, incluíndo un período de carencia máximo de dous anos. Para a concesión destas axudas esixiranse as garantías previstas no apartado undécimo da presente resolución.
O aboamento da amortización e dos correspondentes intereses realizarase ao final de cada período de amortización determinado na resolución de concesión.
Os préstamos percibirán intereses dende a data de entrega do principal, entendéndose como tal a data na que o Tesouro Público realiza a transferencia do importe concedido ao beneficiario.
O financiamento concedido modularase na respectiva resolución de concesión, atendendo á natureza e características concretas de cada proxecto ou actuación.

Requisitos dos solicitantes
Na presente convocatoria poderán ser beneficiarios:
1. As persoas físicas residentes en España e as empresas legalmente constituídas en España. Entenderase por empresa calquera entidade que, independentemente da súa forma xurídica e da orixe do seu financiamento, ten unha actividade económica, é dicir, pon bens ou presta servizos nun mercado determinado. Para os efectos da presente orde, exclúense do seu ámbito subxectivo e non se poderán considerar beneficiarios as sociedades mercantís públicas, os entes públicos empresariais e calquera outra empresa constituída ou rexida de acordo co dereito público.
2. Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros, é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50 por cento. O cálculo da devandita condición de solvencia realizarase a partir dos datos consignados nas solicitudes.
Os solicitantes deberán cumprir con este e os demais requisitos previstos o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente convocatoria.

Presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas para a presente convocatoria do programa Emprendetur I+D+i dirixiranse a Secretaría de Estado de Turismo e presentaranse no Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, de acordo coa Orde IET/1902/2012, do 6 de setembro, pola que se crea e regula o devandito rexistro.
As solicitudes deberán especificar claramente a concreta liña Emprendetur á que optan, entendéndose que a solicitude nunha liña exclúe a da outra. En caso de que non se exprese na petición, solicitarase ao interesado a súa manifestación no improrrogable prazo de 5 días. A súa falta de definición neste tempo dará lugar a que se desestime sen máis a solicitude.
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte á publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
3. A solicitude de participación na convocatoria de axudas do programa Emprendetur I+D+i constará de dous elementos: solicitude/cuestionario e memoria, que se presentarán na forma seguinte:
A solicitude e o cuestionario seguirán o modelo que figura, a título informativo, no anexo II da presente convocatoria. O devandito modelo estará dispoñible para a súa cumprimentación e presentación na dirección de Internet do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, https://sede.minetur.gob.es/.

Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>