Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Emprendetur Mozos Emprendedores
Programa Emprendetur Mozos Emprendedores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Marzo 2014 12:08

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 20 de marzo de 2014, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se efectúa a convocatoria correspondente ao exercicio 2014 de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.

Convócase a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo. Esta convocatoria rexerase pola Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo.

Tipos de actuación. Gastos financiables. Características das axudas

1. Poderán ser obxecto das axudas os proxectos e modelos de negocio que se adecúen aos ámbitos de coñecemento científico tecnolóxico do sector turístico especificados no anexo I de da presente convocatoria.Os proxectos e modelos de negocio, ou no seu defecto os gastos financiados con cargo aos préstamos, deberán ter comezado a executarse con posterioridade á data de publicación da presente convocatoria. Así mesmo, o prazo máximo de execución de proxectos e modelos de negocio será de 2 anos, podendo incluírse entre os gastos financiables todos aqueles que se realizasen con anterioridade á finalización do mencionado prazo.
2. As axudas destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co desenvolvemento do proxecto ou actuación para o que se concedesen. Serán subvencionables as seguintes categorías de gastos:
a) Aluguer ou leasing.
b) Outros gastos de funcionamento, incluídos custos de material, subministracións e produtos similares que se deriven directamente da actividade do proxecto.
c) Gastos de persoal: Persoal Titulado Universitario e Superior non Universitario.
d) Outro persoal.
e) Asesoría/Colaboracións externas.
f) Establécese a compensación dos gastos xerais e a súa imputación ao proxecto nun tanto alzado máximo do 20% dos custos totais de persoal do proxecto, sen necesidade de xustificación.
Os límites máximos de financiamento correspondentes aos gastos contemplados nos parágrafos c) e d) serán os establecidos no anexo III da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro.
3. Subcontratación:
a) Un beneficiario subcontratar cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade obxecto da axuda. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade obxecto da axuda.
b) O custo da subcontratación non poderá superar en ningún caso o 50 por cento do custo total da actuación.
c) En relación con todas as cuestións relacionadas coa subcontratación será de aplicación o disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, e normativa concordante.
4. As axudas terán a forma de préstamos reembolsables. O importe dos préstamos a conceder será de ata un máximo do 100 por 100 do presuposto financiable da actuación, sen que a cantidade financiada poida superar a cifra de 1.000.000 de euros ou a cifra do neto patrimonial acreditado da empresa no momento da solicitude. O límite máximo de financiamento será o menor destes importes.
Os préstamos terán un tipo de xuro do 2,264% e un prazo de amortización de cinco anos, incluíndo opcionalmente un período de carencia máximo de dous anos. Non se esixirán garantías para a concesión destas axudas.
O aboamento da amortización e dos correspondentes intereses realizarase ao final de cada período de amortización determinado na resolución de concesión. O financiamento concedido modularase na respectiva resolución de concesión, atendendo á natureza e características concretas de cada proxecto ou actuación.
Os préstamos percibirán intereses dende a data de entrega do principal, entendéndose como tal a data na que o Tesouro Público realiza a transferencia do importe concedido ao beneficiario.

Requisitos dos solicitantes
Na presente convocatoria poderán ser solicitantes e beneficiarios:
1. As persoas físicas, residentes en España, que teñan menos de corenta anos no momento de presentación da solicitude e persoas xurídicas validamente constituídas en España, nas cales a media de idade dos socios sexa igual ou inferior a corenta anos no momento da presentación da solicitude e sexan PEME con forma societaria, constituída, como máximo, nos vinte e catro meses anteriores á solicitude. A acreditación do cumprimento deste requisito realizarase en caso de ser proposto como beneficiario en proposta provisional de concesión, unha vez recibida a correspondente notificación.
2. Os solicitantes destas axudas deberán acreditar, como condición de solvencia económica no momento de presentación da súa solicitude que a suma dos seus bens e dereitos, incluíndo créditos fronte a terceiros, é superior á suma das súas débedas incrementada nun 50 por cento. O cálculo da devandita condición de solvencia realizarase a partir dos datos consignados nas solicitudes.
Os solicitantes deberán cumprir con este e os demais requisitos previstos o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente convocatoria.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas para a presente convocatoria do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores dirixiranse á Secretaría de Estado de Turismo e presentaranse no Rexistro electrónico do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, https://sede.minetur.gob.es,de acordo coa Orde IET/1902/2012, do 6 de setembro, polo que se crea e regula o devandito rexistro.
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte á publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
3. A solicitude de participación na convocatoria de axudas do programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores constará de dous elementos: solicitude/cuestionario e memoria técnica, que se presentarán na forma seguinte:
A solicitude/cuestionario seguirá o modelo que figura, a título informativo, o anexo II da Orde IET/2482/2012, do 15 de novembro. O devandito modelo estará dispoñible para a súa cumprimentación e presentación na dirección de Internet do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, https://sede.minetur.gob.es.

Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>