Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do Sistema universitario de Galicia
Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do Sistema universitario de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Abril 2014 08:56

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 20 de marzo de 2014, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.


O obxecto desta orde é regular o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos dos/as solicitantes

Poderán solicitar estas axudas os/as estudantes universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia doméstica, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2013/14.
c) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014 é dicir 5.122,60 euros (426,88 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Forma e prazo de presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED433A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse ao Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Prazo de presentación das solicitudes
– Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
– Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitude será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.
Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED433A) deberá presentar os seguintes documentos:
a) Copia do DNI cando o/a solicitante non autorice á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
b) Xustificación da causa sobrevida ou imprevista en que fundamenta a petición da axuda para o cal presentará todos os documentos que a proben.
c) Informe do/a traballador/a social do concello en que estea empadroado/a o/a solicitante que recolla a causa sobrevida ou imprevista, así como a situación socioeconómica da unidade de familiar, anterior e posterior á causa, que motive a necesidade urxente de recursos económicos.
d) Certificación académica ou extracto do expediente académico, en que consten as materias e créditos en que está matriculado no curso académico 2013/14.
No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica para a presentación dixitalizada da dita documentación, admitirase igualmente a presentación desta en formato papel, presentándoa xunto co anexo I, nos mesmos termos establecidos no número 1 deste artigo.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>