Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza
Axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Abril 2014 09:03

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 21 de marzo de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2013/14.


A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas complementarias ao Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2013/14 (as actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2013/14).

Requisitos
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2013/14 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2013/14.
d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses, e a máxima, de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Compatibilidade
As axudas establecidas na presente orde serán compatibles con outras axudas e subvencións concedidas para a mesma finalidade, calquera que sexa a súa natureza e entidade que as conceda.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED322A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Se a solicitude é remitida por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse ao Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
2. As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
4. O formulario da solicitude, correspondente co modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa presentación electrónica.
5. Para a presentación na sede electrónica do devandito formulario e da declaración responsable admitiranse o DNI electrónico ou calquera outro sistema de sinatura electrónica aceptado pola sede da persoa solicitante ou representante legal.
6. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Documentación que hai que presentar
A solicitude (anexo I, modelo normalizado) presentarase na sede electrónica da Xunta de Galicia acompañada da seguinte documentación:
– Copia dixitalizada do documento acreditativo de ter concedida unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2013/14.
No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, para a presentación dixitalizada do documento acreditativo anterior, admitirase, igualmente, a presentación do dito documento ou copia compulsada deste, en formato papel, que se presentará nos mesmos termos establecidos no artigo anterior.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>