Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas de mobilidade a titulados de universidades españolas para realizar prácticas formativas en empresas son sede en países integrados no Programa Argo
Axudas de mobilidade a titulados de universidades españolas para realizar prácticas formativas en empresas son sede en países integrados no Programa Argo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Abril 2014 09:58

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 25 de marzo de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convoca procedemento de concesión de axudas de mobilidade a titulados de universidades españolas para realizar prácticas formativas en empresas con sede en países integrados no Programa ARGO.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas económicas aos titulados de universidades españolas que realicen prácticas formativas en empresas ou entidades de ámbito internacional. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante o procedemento que se establece no capítulo II, desta convocatoria, seleccionará a entidade colaboradora que se encargará da xestión das axudas a titulados das universidades españolas.
As prácticas formativas terán por obxectivo mellorar a cualificación profesional dos titulados universitarios, elevar o nivel de competencia en idiomas estranxeiros e facilitar a internacionalización e inserción laboral posterior.
A entidade colaboradora non terá a condición de beneficiario das axudas que se contemplan nesta convocatoria. A relación entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a entidade colaboradora formalizarase a través do correspondente convenio, que terá que ser obxecto de fiscalización previa pola Intervención Delegada.
A entidade colaboradora non percibirá ningún pagamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ata que non se dite a resolución de concesión de axudas económicas aos beneficiarios polo Secretario Xeral de Universidades. Esta resolución ditarase cada mes, unha vez realizada a tramitación que se contempla no capítulo III desta resolución. A entidade colaboradora será un mero instrumento para canalizar as axudas económicas dende o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ata os titulados beneficiarios.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas os titulados universitarios que cumpran os requisitos que se especifican no Capítulo III da presente convocatoria.
2. Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas recollidas na Orde de bases reguladoras e na presente convocatoria, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas nas cales concorra algunhas das circunstancias establecidas no artigo 13 da citada Lei Xeral de Subvencións.

Tipoloxía e número de axudas que se convocan
1. As axudas irán destinadas a subvencionar aos titulados universitarios os gastos de aloxamento e manutención, mediante unha dotación mensual, gastos de viaxe, visados, etc, de conformidade cos importes recóllense no Capítulo I e no Anexo I da presente Resolución.
2. O número mínimo de axudas a conceder será de 600.
3. As prácticas deberán realizarse en empresas ou entidades de ámbito internacional que actuarán como «empresas de acollida» e que, debidamente rexistradas no programa, realicen unha oferta para que os titulados poidan realizar unha estanza formativa con sede nalgún dos países integrados no Programa ARGO.

Países das empresas de acollida integrados no programa ARGO
1. As empresas ou entidades de acollida deberán ter a súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá.
2. Igualmente poderán realizarse as devanditas prácticas en entidades e empresas españolas ou multinacionais con sede en Asia e Oceanía.

Duración da actividade

1. O Programa ARGO estará vixente tres anos. Estes tres anos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación en BOE, da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que se selecciona a entidade colaboradora na xestión das axudas económicas previstas no Programa ARGO.
2. Durante estes tres anos, os titulados de universidades españolas que queiran ser beneficiarios destas axudas terán que rexistrarse a través da páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
3. A entidade colaboradora, unha vez se tramite o procedemento previsto no capítulo III desta convocatoria, propoñerá á Dirección Xeral de Política Universitaria os posibles beneficiarios das axudas económicas previstas no programa ARGO.

Presentación de solicitudes e comunicación entre a Administración e os interesados

As solicitudes, tanto para as entidades colaboradoras, coma para os beneficiarios, cumpriranse nos formularios que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fará accesibles a través da páxina http://www.mecd.gob.es/ de acordo coas especificacións sinaladas nos capítulos II e III da presente resolución de convocatoria.

Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>