Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Medidas de apoio para facilitar o acceso ao financiamento das explotacións agrícolas
Medidas de apoio para facilitar o acceso ao financiamento das explotacións agrícolas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Abril 2014 10:20

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde  AAA/637/2014, do 21 de abril, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de medidas de apoio para facilitar o acceso ao financiamento das explotacións agrícolas.

Mediante esta orde establécense as bases reguladoras para a concesión de subvencións estatais destinadas a sufragar o custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) a titulares de explotacións agrícolas, necesarios para a obtención de préstamos de entidades financeiras nas condicións e termos regulados na orde, co obxecto de facilitar o acceso ao financiamento das explotacións agrícolas. Así mesmo, apróbase a convocatoria para a concesión das devanditas subvencións.

Réxime de concesión
1. A concesión das subvencións previstas nesta orde realizarase en réxime de concorrencia de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación e eficacia e eficiencia establecidos no artigo 8.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
2. Os beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde deberán cumprir os requisitos e obrigas establecidos nos artigos 13 e 14 de Lei 38/2003, do 17 de novembro, e na presente orde.

Beneficiarios

1. Poderán acollerse ás axudas referidas no artigo 1 os titulares de explotacións agrícolas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas que subscriban préstamos con entidades financeiras avalados por SAECA. Así mesmo, no caso de explotacións agrícolas cuxo titular sexa unha entidade asociativa, os seus compoñentes poderán acollerse ás axudas cando subscriban préstamos con entidades financeiras avalados por SAECA, co obxecto de achegalo á súa entidade asociativa.
2. As condicións do aval figurarán no convenio de colaboración que se subscriba conforme á disposición adicional única.

Características
1. As axudas consistirán no financiamento do importe total da comisión de xestión do aval de SAECA. Financiarase ademais a comisión de estudo do aval de SAECA cando as explotacións subscriban un seguro dunha das liñas do grupo Seguro Crecente Agrícola comprendidas no Plan 2014 de Seguros Agrarios Combinados, ou no Plan 2013 no caso das liñas nas que a apertura do prazo de subscrición do seguro sexa posterior á data en que finaliza o prazo para solicitar as axudas establecidas na presente Orde.
2. O volume máximo de capital avalado será de 40 millóns de euros (40.000.000 €).
3. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente subvencionará o custo do aval, para créditos de ata 40.000 € por titular de explotación ou por compoñente de entidade asociativo, e cuxo prazo de amortización non supere os cinco anos, podendo incluírse neste un ano de carencia.
4. A limitación en canto ao importe e o prazo máximo de amortización establecida no punto 3 non se aplicará aos créditos concedidos no marco da Liña ICO-Garantía SGR/SAECA, téndose en conta neste caso os límites propios da citada liña nas operacións avaladas por SAECA. Non obstante, a subvención do aval concederase só para os 5 primeiros anos.
5. A contía da subvención a cada solicitante estará limitada polo establecido no artigo 7, e en particular polo disposto no artigo 3.2 do Regulamento (CE) n.º 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector agrícola, que establece en 15.000 € a contía total das axudas de mínimis concedidas a unha empresa durante calquera período de 3 exercicios fiscais.

Compatibilidade

1. As subvencións previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. Non obstante, o importe acumulado das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada nin os límites establecidos en Regulamento (CE) n.º 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013.
2. Así mesmo, en caso de obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade por outras Administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada beneficiario supere o custo de toda a actividade subvencionable que se vaia desenvolver para o período de que se trate, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións reguladas nesta orde, ata se axustar a ese límite.

Máis información no seguinte BOE.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>