Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Programa Xuventude Crea
Programa Xuventude Crea PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Maio 2014 10:24

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 28 de abril de 2014, Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca o programa Xuventude Crea.


Esta disposición ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea, e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 pola Consellería de Traballo e Benestar e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.

Destinatarios/as
1. Poderán solicitar a participación os/as mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2014, agás o establecido no capítulo II segundo cada especialidade.
2. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
3. Enténdese por profesional para os efectos da presente disposición aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dado/a de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
4. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
5. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes previa comunicación a estes/estas.
6. A información contida neste artigo debe ser complementada co disposto no capítulo II (parte específica).

Inscricións
1. A solicitude dos/as participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I).
2. A esta solicitude xuntarase:
2.1. Se é o caso, a obra ou a documentación que corresponda, de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Tanto na obra como na documentación citada non figurarán datos que identifiquen o autor ou autora.
2.2. Nun sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente o título e o pseudónimo do autor ou da autora, e no cal irá o boletín de inscrición (anexo II) debidamente cuberto, xunto coa seguinte documentación:
– Copia do DNI polas dúas caras ou de documento oficial que acredite suficientemente a identidade (se o/a participante é un grupo, será a de todos/as os/as membros do grupo), no caso de que o/a interesado/a ou os/as membros do grupo non autoricen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (no caso de grupos utilizarase o anexo III).
– No caso de que o/a participante sexa menor de idade, autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión relacionada con ela.
– No caso dos/as mozos e mozas non galegos/as, residentes en Galicia, ademais do documento oficial que acredite suficientemente a identidade, certificado de empadroamento, no caso de que o/a interesado/a ou os/as membros do grupo non autoricen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (no caso de grupos, utilizarase o anexo III)
– Calquera soporte audiovisual que se envíe (CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.
3. As solicitudes poderán presentarse xunto co resto da documentación nos rexistros das seguintes dependencias administrativas:

Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial da Coruña
Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º
15008 A Coruña
Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo
Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial de Ourense
Avenida da Habana, 79
32004 Ourense
Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo
Oficina Local de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar
36003 Pontevedra
Oficina Local de Ferrol
Edificio Administrativo
Praza Camilo José Cela, 1º
15403 Ferrol

Todo isto, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A información contida neste artigo debe ser completada co disposto no capítulo II (parte específica).

Prazo de presentación das solicitudes e emenda de defectos
1. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2014.
2. Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado requirirá a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 42.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>