Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Requirimentos de emenda das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos
Requirimentos de emenda das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Maio 2014 08:42

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución do 2 de maio de 2014, do Instituto Galego de Promoción Económica,  pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2013 publicáronse as bases reguladoras das axudas para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector de servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 230, do 2 de decembro) e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2014, por trámite anticipado de gasto. As ditas bases foron modificadas mediante a Resolución do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).
Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 8.4 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>