Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Modificación do prazo de presentación das solicitudes de axuda para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia
Modificación do prazo de presentación das solicitudes de axuda para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Maio 2014 08:35

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 2 de maio de 2014, Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes de axuda establecidas na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014.


A Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014, establece no seu artigo 24, para a convocatoria do ano 2014, un prazo de presentación de solicitudes de axuda que remata o vindeiro 10 de maio.

E ante as peticións dos representantes dos plans colectivos que elaboran os diferentes plans de reestruturación e reconversión da viña para que se amplíe o dito prazo de presentación de solicitudes deste ano, cómpre amplialo ata o 24 de maio de 2014.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:
Artigo único.
A data de presentación da solicitude da axuda para o ano 2014 establecida na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2014, que inicialmente figura ata o 10 de maio, amplíase ata o 24 de maio de 2014, inclusive.

Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>