Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Maio 2014 08:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 20 de maio de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2013 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.


O obxecto desta convocatoria é galardoar os/as estudantes do Sistema universitario de Galicia que remataron brillantemente os seus estudos cun recoñecemento de carácter oficial que ao mesmo tempo comporte unha dotación económica. Os premios fin de carreira convócanse en réxime de concorrencia competitiva e están destinados aos alumnos/as que, contando co mellor expediente académico de entre os solicitantes, rematasen os estudos universitarios conducentes á obtención dos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, no curso académico 2012/13 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Período e dotación do premio

1. Para os efectos desta orde, entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2012 e o 30 de setembro de 2013.
2. Os/as premiados/as recibirán unha dotación económica dun máximo de 2.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos dos/das solicitantes
Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para os/as alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para os/as alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
c) En ningún caso, o 1º ciclo dunha titulación das recollidas na Lei de reforma universitaria (LRU) poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira.
d) Aqueles/as alumnos/as que xa obtiveron un premio fin de carreira da Comunidade Autónoma en anteriores convocatorias, non poderán obtelo de novo.

Forma e prazo de presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED415A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse ao Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
4. Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED415A), deberá achegar:
a) Copia do DNI, cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
b) Copia dixitalizada da certificación académica completa emitida pola universidade correspondente, na cal se fará constar a nota media do expediente académico, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito con data 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro).


Os/as alumnos/as que estean cursando estudos de 2º ciclo (licenciado, arquitecto e enxeñeiro) por accederen desde unha titulación de 1º ciclo ou desde o 1º ciclo doutra titulación, deberán enviar ademais unha copia dixitalizada da certificación académica relativa ao primeiro ciclo realizado. Igualmente, os alumnos que estean cursando estudos oficiais de grao por accederen desde unha titulación de primeiro ou primeiro e segundo ciclo, deberán presentar unha copia dixitalizada da certificación académica completa na cal se inclúa o recoñecemento dos créditos das materias cursadas nestes.
c) Copia dixitalizada do título universitario oficial español ou documento que legalmente o substitúa.
No suposto de que a persoa solicitante non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, para a presentación dixitalizada da certificación académica e do título admitirase, igualmente, a presentación da certificación académica orixinal e título, ou copia compulsada deles, en formato papel, presentándoos nos mesmos termos establecidos no número 1 deste artigo.

Máis información no seguinte DOG.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>