Cursos de formación para o certificado CELGA 3 de Lingua Galega |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 25 Agosto 2015 10:49 |
Estes cursos teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato. O curso, que se celebrará entre o 19 de outubro e 9 de decembro, impartirase de luns a venres no IES García Barbón de Verín, en horario de 19:30 a 21:30 h, e terá una duración de 70 horas. A asignación de prazas (mínimo 15 e máximo 30 persoas) realizarase por orden de entrada. No caso de haber varias solicitudes o mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética. (do A o Z). Ás persoas que se presenten á proba de capacitación dese nivel e a superen entregaráselle o Certificado de Lingua Galega do terceiro nivel. Ese diploma é oficial, está avalado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é válido para oposicións ou concursos convocados por organismos públicos que esixan ese nivel formativo. Tamén serve para fundamentar un currículo. Tódolos interesados deberán presentar o anexo I debidamente cuberto e presentar a copiado DNI, no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade. Máis información http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150821/AnuncioG0164-170815-0002_gl.pdf |
![]() |
Oficina Municipal de Desenvolvemento Local Praza do Concello, 1 1º |