Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local
Desenvolvemento Local
Obradoiro de emprendemento rural sustentable en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Agosto 2013 11:13

Os días 18 e 19 de setembro, na Casa da Xuventude de Verín impartirase un obradoiro de emprendemento rural sustentable, organizado por A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, e a colaboración do Concello de Verín.

Ler máis...
 
Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Agosto 2013 10:07

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 5 de agosto de 2013, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Ler máis...
 
Instrucións do programa de incentivos á contratación de persoas traballadoras e programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de asalariados PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Agosto 2013 11:15

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 16 de xullo de 2013, do director xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ditan instrucións en relación á Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, e á Orde do 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Ler máis...
 
Subvencións dirixidas a familias para a adquisición de equipamentos de TDT PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Agosto 2013 11:07

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se convocan, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións dirixidas a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia para o ano 2013 (código do procedemento PR527B).

Ler máis...
 
Axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Agosto 2013 09:33

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde AAA/1477/2013, do 17 de xullo, pola que se convocan axudas para programas de información e promoción de produtos agrícolas en mercado interior e en terceiros países.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 42 de 78

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>