Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Novos cursos de Alfabetización Dixital na Aula CeMIT de Verín
Novos cursos de Alfabetización Dixital na Aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Novembro 2011 13:52

A aula Multimedia do Concello de Verín programa cinco novos cursos de Alfabetización Dixital a partir do 28 de novembro, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.

A temática destes cinco cursos va dende alfabetización dixital ata redes sociais, procesador de textos writer, presentación de diapositivas co programa Impress, e correo electrónico cunha duración de 14 horas por curso.

Dende o comezo das actividades da Aula CeMIT, no mes de maio,  impartíronse un total de 24 cursos para o achegamento dos/as usuarios/as as novas tecnoloxías, así mesmo o total de usuarios/as rexistrados en cursos neste momento é de 85, estando 16 persoas en lista de espera, que comezarán a súa formación o vindeiro luns.

Estes cursos levaranse a cabo durante todo o ano, cunha duración de aproximadamente tres semanas cada un deles, así mesmo o horario é de mañá, tarde, e horario especial para traballadores/as de 20.00 a 22.00 horas, axustándose as necesidades dos/as distintos/as usuarios/as.

Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>