Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os alumnos do María Inmaculada visitan a Biblioteca de Verín
Os alumnos do María Inmaculada visitan a Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Novembro 2011 14:33

Durante estas tres semanas, un centenar de alumnos/as do colexio María Inmaculada visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.

As visitas que terán lugar hoxe e o 24 de novembro están destinadas a nenos/as con idades entre os 12 e 13 anos, mentres que a o 30 de novembro e 1 de decembro son para alumnos/as de 6 a 9 anos. Nas mesmas coñeceran o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a sexta destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos tres anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e tamén do Colexio María Inmaculada.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>