Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Ponte enoturístico na comarca de Verín-Monterrei
Ponte enoturístico na comarca de Verín-Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Novembro 2011 14:36

A Asociación da Ruta do Viño Monterrei, en colaboración co Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, elaborou paquetes especiais de enoturismo para a ponte da Constitución, destinados a que os/as visitantes se aproximen a Verín nestas datas co obxecto de coñecer de modo integral un destino con múltiples posibilidades: paseos por viñedos, visita a adegas, degustación da gastronomía da zona, adquisición de produtos típicos e visitar o patrimonio natural e histórico-artístico da comarca de Verín-Monterrei.


Entre as ofertas propostas do 3 ao 8 de decembro, durante a ponte da Constitución, atópanse as seguintes:
A) Aloxamento
1. Escapada enolóxica a Monterrei
- Aloxamento no pazo O Retiro do Conde (Estrada de Albarellos nº 2 - 32618 Vilaza – Monterrei. Teléfono / Fax: 988-418123. Móbil:608-342667. Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
-  Os prezos para dúas persoas son:
2 noites 135 € (AD) // 210 € (MP)
5 noites 295 € (AD) // 450 € (MP)
Ceas elaboradas con produtos de primeira calidade da comarca.

2. Enoturismo na Aldea Rural A Cortiña

- Aloxamento na Aldea Rural A Cortiña (Estrada Pepín, 40 - Pepín -Castrelo do Val. Teléfono: 988-419215. Móbil:645-263522/711. Mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
- O establecemento A Cortiña, que se atopa no municipio de Castrelo do Val, dispón de cheminea,   calefacción, piscina propia, xardín-terraza, barbacoa e leña gratuíta.
- Ofrece as seguintes opcións:
* Opción 1 (prezo por persoa en réxime de media pensión): 1 noite (70 €), 2 noites (120 €), 3 noites (180 €) e 6 noites (350 €).
* Opción 2 (prezo por dúas persoas en réxime de media pensión): 1 noite (100 €), 2 noites (180 €), 3 noites (250 €) e 6 noites (450 €).
- Cea incluída / Menú cea 20 €
* Primeiros: revolto de cogomelos con xamón, espárragos gratinados, pementos recheos de carne ou bacallau ou revolto de espinacas con lagostinos.
* Segundos: chuletillas de cordeiro, segredo de porco, grellada de carne, linguado á Meniere ou bacallau á portuguesa.
* Sobremesas: torta de queixo con marmeleiro, crema de iogur ou coulant de chocolate con xeado.
* Carta de augas de Verín, viños da D.O. Monterrei e café.

3. Fin de semana enoturístico en Paradores
- Aloxamento no Parador de Verín (Rúa Castelo s/n  32619 – Monterrei. Teléfono: 988-410075)
- Os prezos son:
Habitación dobre: 80 € (AD) // 120 € (MP)
Habitación individual: 70 € (AD) // 95 € (MP)
As reservas deberán realizarse directamente no Parador indicando que se desexa realizar a reserva desta oferta, a través do número 988-410075 (o número de prazas é limitado)

B) Actividades nas bodegas da Denominación de Orixe Monterrei
Durante a ponte de decembro, a estancia en calquera destes establecementos ofrece a posibilidade de disfrutar das seguintes actividades en adegas da Denominación de Orixe Monterrei.

1. Visitas adegas ou viñedos (de carácter gratuíto)

- Abeledos: visita guiada en adega, degustación, regalo botella de vino da D.O. Monterrei Horario adega: 9-13.30 e 15.30-18 horas. Teléfono: 680-437979. GPS: 41º53´47´´N 07º25´56´´O).
- Ladairo: visita aos viñedos, visita guiada en adega e degustación (Todos os días do 3 ao 8 de  decembro, sen cita previa. Teléfono: 988 422 757. GPS: 41º54´19´´N 07º27´21´´O).
- Crego e Monaguillo (Días 7 e 8 de decembro de 10-13.30 e 15.30-20 horas. Teléfonos: 988-418164/699-082280. GPS: 41º55´52´´N 07º31´35´´O:
* Opción 1: visita adega e degustación (menos de 6 persoas).
* Opción 2: degustación viño novo e magosto (a partir de 6 persoas. Confirmar un día antes).
- Quinta do Buble: visita guiada en adega e degustación (Día 7 de decembro de 9-13 e 15-19 horas.    Teléfono: 988-422960).

2. Semana do Mexillón e do Viño na adega Terra do Gargalo
- Visita guiada en adega, degustación, pincho de mexillón (en colaboración coa conserveira Luis Escuris).
- Días laborables: 9-13.30 e 15.30-18.30/ Fin de semana e festivos: 10-13.30 e 15.30-18.30. O prezo é de 8 euros por dúas persoas. É necesario realizar a reserva con antelación. Teléfono: 988-590203.     GPS: 41º56´48,08´´N 07º27´25,28´´O

3. Máis actividades en adega con cita previa (de carácter gratuíto)
- Vía Arxéntea: visita aos viñedos, visita guiada en adega, degustación e cata gratuíta  (Teléfonos:687-409618. GPS: 41º56´07´´N 07º29´18´´O).
- Tapias Mariñán: visita guiada en adega e cata gratuita (Teléfono: 988-411693. GPS: 41º56´36´´N  07º28´03´´O).
- Pazo de Valdeconde: visita aos viñedos, visita guiada en adega e degustación (Teléfono: 686-685197, GPS: 41º52´56´´N 07º25´51´´O).
- Chicheno: visita  en adega e degustación (Teléfono: 988-411949. GPS: 41º54´42´´N 7º26´35´´O).

C) Enoturismo para gourmets
Os restaurantes asociados a Ruta do Viño Monterrei ofertan menús especiais do 3 ao 8 de decembro, durante a ponte da Constitución:

1. Restaurante Brasil
(Avda. de Castela, 7 – Verín. Teléfono: 988-410249)
- Menú 15 euros por persoa.
- Opción mediodía:
* Primeiros: pementos recheos de marisco, luras á romana.
* Segundo: asado de cabrito lechado de Monterrei.
* Sobremesa: torta de queixo.
* Café, augas de Verín, viño da D.O. Monterrei.
- Opción cea:
* Primeiros: salpicón de marisco, zamburiñas na súa cuncha.
* Segundo: merluza con gambas, bacallau ao forno.
* Sobremesa: torta de queixo, leite frita.
* Café, augas de Verín, viño da D.O. Monterrei.

2. Restaurante Gallego (Estrada de Albarellos s/n - Monterrei. Teléfono: 988-418202)
- Menú 12 euros por persoa.
* Primeiro: sopa de cocido con tropezóns.
* Segundo: cocido galego.
* Sobremesa caseira.
* Viño da D.O. Monterrei.

3. Restaurante Lugano (R/ Amaro Refojo, 14 – Verín. Teléfono: 988-410391)
- Opción 1 (22 euros por persoa):
* Primeiro: carpaccio de boi ou zamburiñas á prancha.
* Segundo: entrecote de boi con trigueiros ou bacallau ao forno.
* Sobremesa caseira.
* Viño da D.O. Monterrei.
- Opción 2 (18 euros por persoa) o día 4 de decembro:
* Prato único: cocido galego.
* Sobremesa: filloas da Toña.
* Viño da D.O. Monterrei.

4. Restaurante O Candil (Estrada de Ourense, 33 – Pazos - Verín. Teléfono: 988-411120)
- Menú 15 euros por persoa.
- Opción 1:
* Primeiros: entrantes, pementos recheos, caldo, sopa de peixe, empanada galega.
* Segundos: churrasco de tenreira, croca, raxó, bacallau á portuguesa/costeleta de tenreira.
* Sobremesa, café.
- Opción 2:
* Prato único: cocido galego.
* Sobremesa, café.

C) Algo máis que viño

1. Natureza

- Parque natural de O Invernadeiro. O Invernadeiro é o corazón dunha ampla zona montañosa practicamente despoboada. As maiores elevacións encóntranse na serra de Queixa, que ostenta o punto máis alto na estación de montaña de Manzaneda (1.782 m.), e na serra de San Mamede (1.619m.).Desde A Pobra de Trives pódese ascender tamén ata a estación invernal de Manzaneda    con múltiples opcións turísticas xa que non limita a súa actividade tan só á tempada de esquí. É o punto de partida de varias rutas de sendeirismo en busca da antiga actividade glaciar da montaña. A entrada ao parque natural do Invernadeiro é gratuíta, só é necesaria unha autorización de Medio xestionada dende a Oficina de Información Turística de Verín para este programa.  

2. Patrimonio histórico
- Castelo de Monterrei. Fortaleza Medieval, que constituíu un enclave estratéxico nas guerras con Portugal no século XVII. Nela pódense ver as murallas medievais, a Igrexa do século XIII, a Torre da Homenaxe do século XV e o Pazo Condal do século XVI. Este conxunto residencial e defensivo tivo a primeira imprenta de Galicia. está composto tamén pola torre das Damas (século XIV), de proporcións máis reducidas e contigua ao pazo. Nesta descansa a galería de columnas con pedras de armas nas pendentes. O castelo ten un triplo recinto amurallado, formando todo un conxunto de evidente interese. Finalmente, o Pazo dos Condes, de estilo renacentista, con grandes galerías de arcos rebaixados e a igrexa de Santa María Gracia, que conserva unha portada lateral de arco oxival con tripla arquivolta profusamente decorada.
- Casa do Escudo. Principal edifico barroco de Verín, coñecida así polo gran brasón (1734) da súa fachada. Dende finais dos noventa, a tamén coñecida como a Casa do Asistente, acolle a Oficina de Turismo, unha sala de exposicións temporais e un albergue de peregrinos da Vía da Prata.
- Capela de San Lázaro. Situada no Barrio de San Lázaro, ao carón da Casa do Escudo, foi construída no século XVI e no seu interior atópase a figura do patrón da vila, San Lázaro.
- Casa dos Acevedo. O edificio, que presenta un pórtico con tres arcos de medio punto, está construído en pedra e mostra no piso superior dous balcóns, entre os que se atopa un fermoso escudo. Nela hospedouse Felipe el Hermoso, en 1506, nunha viaxe a Galicia.
- Igrexa – Convento Mercedario.  Establecida en 1484, polo conde Sancho Fernández de Ulloa, no conxunto de Monterrei. A principios do século XVII, a comunidade mercedaria instalouse en Verín, na praza que leva o seu nome. O conxunto, realizada con pedras procedentes da acrópole de Monterrei, consta de dous partes, unha destinada á comunidade e outra, ao culto. Na parte externa destacan a fachada e a torre, que é de composición barroca. O interior do templo, cunha nave única, acumula o máis relevante patrimonio escultórico da comarca, un coro con cinco retablos, catro deles laterais, e o último situado no presbiterio. A Virxe da Mercede sitúase no centro, culminando nun ático coa imaxe do Deus Pai.
- Igrexa parroquial Santa María A Maior.  Construída a principios do século XVII, no seu interior atópase o ‘Cristo das Batallas’, unha das xoias da imaxinería galega, que se atribúe ao escultor Gregorio Fernández.
- Praza García Barbón. Un dos lugares históricos de Verín. José García Barbón (1831-1909), un dos empresarios galegos máis famosos, tras décadas na Habana como emigrante, regresa a Verín para converterse nun mecenas de obras públicas e centros culturais como o Colexio San José (Irmáns La Salle), a construción das instalacións do balneario e hotel de Cabreiroá, restauración da igrexa parroquial ou o santuario dos Remedio, entre outras.
- Praza do Cigarrón. Situada no casco histórico da vila, en honro ao personaxe máis representativo do Entroido de Verín.
- Patrimonio balneario: Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Caldeliñas e Fonte do Sapo.

3. Lecer nocturno
En Verín existen gran variedade de locais de lecer na zonas da Alameda, Muralla, Irmáns Moreno e Montemaior.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>