Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programación Nadal 2011 – Reis 2012
Programación Nadal 2011 – Reis 2012 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2011 15:03

O Concello de Verín con motivo da celebración do Nadal 2011 e os Reis 2012 organiza a seguinte programación cultural e festiva no municipio:


- Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia (do 14 de decembro ao 7 de xaneiro). Exposicións de misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A exposición pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.
- Concerto de Nadal (17 de decembro, ás 12 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal, e patrocinado polo Concello de Verín.
- Concerto de Nadal (17 de decembro, ás 16 horas). A cargo do grupo instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. Na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín e Concello de Verín. Colabora a Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.
- Festival de Navidad (17 de decembro, ás 18 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Organizado pola Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’ coa colaboración do Concello e Verín. Representación das obras teatrais 'La nueva Cenicienta y su lobo', 'La sustituta del Hada Madrina de Cenicienta' e 'Cuento de Navidad'.
- Cantos Sacros e Vilancicos (18 de decembro, ás 10 horas). Actuación do Coral de Verín na Residencia de Anciáns Santa María. Organizado e patrocinado polo Concello de Verín en colaboración coa Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.
- Concerto Navideño das pandereteiras de Femuro (22 de decembro, ás 20 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Exposición de traballos manuais e actuación das pandereteiras de Femuro (Federación de Mulleres Rurais de Ourense).
- Gala de Nadal (23 de decembro, ás 20 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Actuación do         alumnado da Escola de Música e Danza Tradicional do Concello de Verín. Organizado pola Escola de Música e Danza Tradicional do Concello de Verín.
- Animación Infantil Aever (30 de decembro, ás 17.30 horas). No Pavillón Muncipal de Deportes, na que tamén se entregarán os premios do Concurso de Escapartes da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.
- Panxoliñas tradicionais (30 de decembro, ás 20.30 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Cantos e músicas tradicionais de Nadal interpretados por grupos da AA. Mulleres Rurais da Comarca de Verín, Agrupación Musical de Bouses e Grupo Brixel. Organizado pola Asociació Cultural A sombra do Brixel.
- Cotillón Infantil de Noitevella (31 de decembro, de 11 ás 12.30 horas). Na centro infantil do Amaro Refojo. Música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas para os máis pequenos/as, e cando cheguen ás 12 horas, campanadas para os/as nenos/as e despedir o ano 2011.
- Carteiro Real (3 de xaneiro, desde 17 horas). No Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Ao finalizar chocolate con churros.  
- Cabalgata e Gala de Reis (5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas). Visita dos Reis Magos á Residencia de Anciáns Santa María. Cabalgata na que nenos/as disfrazados/as de pastor/a, anxos e estrelas acompañarán aos Reis Magos polas rúas de Verín. Gala no Pavillón Municipal de Deportes. Organizado polo Concello de Verín.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>