Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Campaña para a recollida de xoguetes para os nenos da Eurocidade Chaves - Verín
Campaña para a recollida de xoguetes para os nenos da Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2011 15:07

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’ o Centro Comercial Urbano de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín, Municipio de Chaves, Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), Xunta de Galicia, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e diversas entidades e establecementos verineses organizan a segunda edición da campaña de recollida de xoguetes para os/as nenos/as da Eurocidade.

A mesma permitirá a recolección de xoguetes (novos e usados) que serán repartidos entre os/as nenos/as necesitados/as da Eurocidade, co efecto de concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.

En Verín, os xoguetes novos e usados, pero en bo estado, poderán entregarse na sede de AEVER (R/ Pedro González nº 5, baixo), de luns a venres, 10 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas, ata o 30 de decembro (o venres pola tarde a sede permanecerá pechada). No caso de Chaves, os xoguetes poden entregarse nas instalacións de Pro-Centro no Terreiro da Cavalaria, no edifício do Posto de Turismo

Por outra banda, o Centro Comercial Urbano de Verín organiza a campaña 'Este Nadal merca en Verín', ata o 27 de decembro ás 14 horas, na se entregarán vales entre os/as compradores/as para entrar no sorteo de seis premios de 100 euros cada un. A entrega de premios terá lugar o venres 29 de decembro, ás 17.30 horas, na gala de Animación Infantil Aever (no Pavillón Municipal de Deportes), na que tamén colabora a Eurocidade Chaves-Verín e onde tamén se entregarán os premios do Concurso de Escapartes da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>