Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Gastronomía, viñedos e patrimonio histórico na Ponte enoturística na comarca de Verín
Gastronomía, viñedos e patrimonio histórico na Ponte enoturística na comarca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2011 15:15

A partir de mañá e ata 8 de decembro, ponte da Constitución, a  Asociación da Ruta do Viño Monterrei, en colaboración co Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, ofertará paquetes especiais de enoturismo destinados a que os/as visitantes se aproximen a Verín nestas datas co obxecto de coñecer de modo integral un destino con múltiples posibilidades: paseos por viñedos, visita a adegas, degustación da gastronomía da zona, adquisición de produtos típicos e visitar o patrimonio natural e histórico-artístico da comarca de Verín-Monterrei.

Entre as ofertas propostas para estas xornadas atópanse: aloxamento (Retiro do Conde, Aldea Rural A Cortiña, Parador de Verín), actividades nas adegas da D.O. Monterrei (Abeledos, Ladairo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble -de carácter gratuito-, Vía Arxéntea, Tapias Mariñán, Pazo de Valdeconde e Chicheno -tamén de carácter gratuito, pero con cita previa- e a Semana do Mexillón e do Viño na adega Terra do Gargalo -por un prezo de oito euros para dúas persoas-) ou enoturismo para gourmets (Restaurante Brasil, Restaurante Gallego, Restaurante Lugano e Restaurante O Candil). Todo isto sen esquecer o patrimonio natural, encabezado polo Parque natural de O Invernadeiro, o histórico-artístico (Castelo de Monterrei, Casa do Escudo, Capela de San Lázaro, Casa dos Acevedo, Igrexa - Convento Mercedario, Igrexa parroquial Santa María A Maior, praza García Barbón e do Cigarrón e o patrimonio balneario  -Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Caldeliñas e Fonte do Sapo-, e o lecer nocturno.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>