Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Festa do Cocido de Lalín e a D.O. Monterrei irmandan aos municipios de Verín e Lalín
A Festa do Cocido de Lalín e a D.O. Monterrei irmandan aos municipios de Verín e Lalín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Decembro 2011 19:36

A Casa do Escudo de Verín acolleu hoxe a presentación do acordo alcanzado entre o Concello de Lalín e a D.O. Monterrei para a promoción da Festa do Cocido e dos viños desta denominación, que contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e os rexedores de Lalín e Verín, Xosé Crespo Iglesias e Juan Manuel Jiménez Morán, respectivamente.


Un acordo que permitirá que tanto o próximo Mes do Cocido -do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro- como a Festa do Cocido de Lalín -que terá lugar a partir do 12 de febreiro de 2012-, teñan como viño recomendado o que se elabora na Denominación de Orixe Monterrei, tanto nos actos oficiais como nos restaurantes da capital da comarca do Deza. Esta actuación logrará que o prato estela desta festa, o cocido, sexa maridado por primeira vez polos caldos da denominación de orixe máis nova de Galicia, logrando “unha maridaxe perfecta que como nunha parella, un produto será complemento do outro, de modo que as características de cada un se exalten e non se perdan, senón que se harmonicen como a fórmula máis adecuada para transmitir a plenitude do viño no ámbito gastronómico”, segundo recoñeceu o rexedor verinense, Juan Manuel Jiménez Morán, e que tamén foi secundado polo seu homólogo lalinense e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, “xa que os nosos viños son un referente de calidade nas mellores mesas, avalados por numerosos premios nacionais e internacionais, así como na última Cata de Viños de Galicia onde o mellor tinto foi un caldo desta denominación”.

Devandita actuación permite, segundo subliñou o alcalde de Lalín, “o irmandamento de dúas poboacións, Verín e Lalín, e a simbiose de dous produtos, viño e cocido, que se unirán, non só na nosa Festa do Cocido senón que tamén serán o punto de partida dunha relación que poderá estenderse a outras celebracións realizadas en países como Arxentina, Venezuela, Alemaña, Suíza ou Andorra". Ademais, a mesma se suma a outras iniciativas realizadas pola D.O. Monterrei, xunto co Concello de Verín, como son a Feira do Viño, Feira do Lázaro e Certame Gastronómico 'Vila de Verín', Ruta do Viño Monterrei ou o recente ponte enoturístico, que “permiten non só a promoción dos nosos caldos e adegas, senón tamén o incremento dos fluxos turísticos, desestacionalización da demanda, impulsar a imaxe da nosa comarca e converternos na verdadeira porta de entrada a Galicia desde a Meseta e Portugal”, indicou Jiménez Morán.

Unha estratexia de desestacionalización e diversificación da oferta turística que, como recordou o conselleiro de Cultura e Turismo, “está levando a cabo a Xunta de Galicia”, e que neste caso a unión do cocido de Lalín e o viño de Monterrei “afonda nun camiño de cultura e de turismo. Un camiño que vencella a dous concellos que teñen moitos puntos en común”. Deste xeito, lembrou que os dous municipios asinantes do acordo, Lalín e Verín, están unidos pola Vía da Prata, “unha das máis antigas de entre as rutas xacobeas”, e en ambos destaca a importancia do Entroido. Ademais, Roberto Varela asegurou que o acordo presentado hoxe “contribúe ao desenvolvemento da cultura, do turismo e do comercio, e axuda ao progreso da nosa comunidade” e supón  “compartir, colaborar e unir esforzos na mesma dirección”, algo que definiu como “clave” para superar o momento de dificultades que se atravesa a nivel global, e que “exemplifica a procura de sinerxías e a rendabilización de esforzos que propoñemos dende a Xunta”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>