Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O plan Portas de Galicia xa está presente no espazo virtual a través de varias redes sociais
O plan Portas de Galicia xa está presente no espazo virtual a través de varias redes sociais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Decembro 2011 12:56

O Plan de Competitividade Portas de Galicia xa ten presenza no espazo virtual e nas redes sociais. A través dunha páxina en Facebook, perfil en Twitter, canle en YouTube, SlideShare, Flirck e ikiMap daranse a coñecer todas as accións desenvolvidas dentro desde proxecto e no marco do produto turístico “Inverno de Entroido”.

A primeira das actividades de promoción consiste no lanzamento de sendos concursos nas redes sociais Facebook e Twitter. Ata o vindeiro venres 16 de decembro os usuarios que se fagan fans ou seguidores das contas de Portas de Galicia e contesten á pregunta “Cal é a túa razón para descubrir Portas de Galicia?” poderán ganar estancia nun aloxamento das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras.

No caso concreto da páxina de Facebook, os interesados teñen que facerse seguidores da páxina, contestar á pregunta “Cal é a túa razón para descubrir Portas de Galicia?” e compartila no seu muro. O gañador dunha escapada romántica no Hotel&Spa Vilavella (A Mezquita) para dúas persoas será aquel que consiga o maior número de “Gústame”.

En Twitter, a mecánica do concurso é similar. Os usuarios deber seguir a conta de Portas de Galicia nesta rede social @puertasgalicia e “tuitear” a razón pola que lles gustaría visitar a zona, sen esquecerse de engadir o “hashtag” #puertasdegalicia. Rematado o prazo, realizarase un sorteo automático dunha escapada de inverno para dúas personas no Hotel Mesón de Erosa (A Gudiña) entre todos os participantes.

O Plan de Competitividade Portas de Galicia está desenvolvido pola S.X. de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce concellos do territorio (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador do viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

Ligazóns:

Páxina corporativa en Facebook
http://www.facebook.com/PuertasDeGalicia

Perfil de usuario en Twitter
http://twitter.com/PuertasGalicia.

Canle de YouTube
http://www.youtube.com/user/puertasdegalicia

Conta de usuario en SlideShare
http://www.slideshare.net/puertasdegalicia

Conta de usuario en Flickr
http://www.flickr.com/photos/puertasdegalicia

Conta de usuario en ikiMap
http://www.ikimap.com/user/puertasgalicia

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>