Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Música e teatro inician o programa de Nadal en Verín
Música e teatro inician o programa de Nadal en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Decembro 2011 14:55

Este fin de semana, a Casa da Cultura será testemuña das primeiras actividades programadas polo Concello de Verín con motivo da celebración do Nadal 2011, entre as que se atopan concertos e representacións teatrais.

A primeira das actividades terá lugar mañá sábado 17 de decembro ás 12 horas, co Concerto de Nadal, organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal. Ás 16 horas, realizarase un Concerto de Nadal pero na Residencia de Anciáns Santa María. Nesta ocasión tamén a cargo do Conservatorio Elemental, e contando coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados. A partir das 18 horas, de novo na Casa da Cultura, será a quenda para o Festival de Navidad, organizado  pola Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’ coa colaboración do Concello e Verín. Este grupo de teatro amateur, formado en outubro de 2008, representará as obras 'La nueva Cenicienta y su lobo', 'La sustituta del Hada Madrina de Cenicienta' e 'Cuento de Navidad'.

O domingo 18 de decembro, ás 10 horas, terá lugar a actuación Cantos Sacros e Vilancicos do Coral de Verín na Residencia de  Anciáns Santa María. O mesmo está organizado  e patrocinado polo Concello de Verín en colaboración coa Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.

Ademais, ata o 7 de xaneiro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

Por outra banda, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, desenvolverase a iniciativa de ‘Ludonadal’, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER); e destinada a promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.  Para poder acceder a esta actividade, na que cinco monitores/as encargaranse da dinamización da mesma, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non portar o ticket e vale-.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>