Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero
Reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Decembro 2011 15:00

A sala de xuntas do  Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Mesa da para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero, na que participaron a responsable do Centro de Información ás Mulleres e representantes da Subdelegación do Goberno de Ourense, traballadores/as sociais das Mancomunidades de Municipios da Comarca de Verín, persoal do Centro de Saúde, Unidade de Antropoloxía do Instituto de Medicina Legal de Galicia , dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Educación e Xustiza.

Ao longo da sesión, realizouse un balance do ano 2011 no que se subliñou a mellora da coordinación e axilización nas actuacións entre os diferentes servizos que conforman esta Mesa, no referente a atención de vítimas de violencia de xénero tanto en mulleres como en menores. Ademais, os presentes analizaron o papel dos medios de comunicación na transmisión de noticias de violencia de xénero, “xa que en ocasión publícanse datos sen estar finalizados os informes e se provoca un xuízo mediático que entorpece a investigación”, indicou Carmen Serrano Fernández, responsable do Centro de Información ás Mulleres. Tamén recoñeceu “que coa crise económica se incrementa o maltrato económico e psicolóxico, debido a dependencia económica dalgunhas mulleres, que non chegan a denunciar esta situación”.

A mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero busca mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia, desenvolver unha actuación integral e multidisciplinar eficaz de modo conxunto e coordinado, garantir os dereitos e liberdades da cidadanía, eliminar a vitimización secundaria; garantir que desde os servizos sociais, sanitarios, policiais e operadores xurídicos se transmita información responsable e unificada ás mulleres afectadas por unha situación de maltrato, optimizar e axilizar todos os recursos existentes para evitar duplicidades, promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e de detección precoz de situacións de violencia na familia, sensibilizar e potenciar a formación continua dos profesionais que reciben demandas de atención a vítimas de violencia e incrementar o nivel de confianza das vítimas no sistema.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>