Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Rosaura Romo e Beatriz Conejo, ganadoras dos concursos en redes sociais de Portas de Galicia
Rosaura Romo e Beatriz Conejo, ganadoras dos concursos en redes sociais de Portas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 17 Decembro 2011 17:57

¿Cal é a túa razón para descubir Portas de Galicia? A resposta a esta sinxela pregunta foi o único requisito que tiveron que cumprir Rosaura Romo e Beatriz Conejo para ganar unha estancia cada unha para dúas persoas nun aloxamento adherido ao Plan de Competitividade Turística. O nome das afortunadas coñeceuse onte, último día de participación.

A semana pasada, Portas de Galicia lanzou sendos concursos nas redes sociais Twitter e Facebook para promocionar o territorio entre a comunidade virtual. Despois dunha semana de participación e 48 respostas enviadas por outros tantos fans, Beatriz Conejo –que nunca estivo en Galicia- foi a usuaria que más “Me gusta” recibiu, 284, polo seu comentario en Facebook. O seu premio é unha escapada romántica ao Hotel&Spa Vilavella (A Mezquita) para dúas personas. En concreto, a súa razón para coñecer Portas de Galicia foi: “Me encantaría conocer Galicia ya que no he estado nunca. Mejor hacerlo yendo a un buen hotel como este. Sería perfecto para una escapadita en familia”.

No caso de Twitter, o “tuit” elixido por sorteo automático entre un total de 15 entradas foi o de Rosaura Romo. A súa resposta: “Mi razón: que sería el regalo perfecto para mi cumple. ¡Es hoy!”, que enviou xusto pouco antes de que comezase o concurso. Neste caso, o premio é unha escapada de inverno para dúas persoas no Hotel Mesón de Erosa (A Gudiña).

Ademais de Facebook e de Twitter, o Plan de Competitividade Portas de Galicia conta web propia puertasdegalicia.com, canle en YouTube e contas en SlideShare, Flirck e ikiMap a través das que se dan a coñecer todas as accións desenvolvidas dentro deste proxecto e no marco do producto turístico “Invierno de Entroido“.
O Plan de Competitividade Portas de Galicia está promovido pola S.G. de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce concellos do territorio (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostelaría Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.
 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>