Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Portas de Galicia imparte unha serie de charlas formativas nos municipios do territorio
Portas de Galicia imparte unha serie de charlas formativas nos municipios do territorio PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Decembro 2011 14:47

O Plan de Competitividade Turística de Portas de Galicia organiza as primeiras xornadas formativas dirixidas ao empresariado, aos traballadores e aos profesionais directos e indirectos do sector turístico situados no seu ámbito de actuación do xeodestino Verín-Viana.


O obxectivo principal destas xornadas é o incremento da calidade e da competitividade turística dos establecementos de turismo para contribuír a dar un impulso importante a esta actividade económica no territorio. Ademais, durante as sesións tamén se está presentando o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia entre todos os axentes turísticos da zona co fin de dalo a coñecer e propiciar a implicación do empresariado a través da proposta de ideas e colaboración nos proxectos xa que constitúen un alicerce fundamental no destino turístico.

A continuación expóñense as datas nas que se celebran os cursos. O último terá lugar esta tarde ás 17:00 horas no Concello de Verín.

O Plan de Competitividade Portas de Galicia está desenvolvido pola S.X. de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e doce concellos do territorio (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia.

Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>