Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Gala de Nadal en Verín
Gala de Nadal en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Decembro 2011 13:10

Mañá, desde as 20 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a tradicional actuación do alumnado da Escola de Música e Danza Tradicional do Concello de Verín.

Nesta actividade, organizada pola Escola de Música e Danza Tradicional do Concello de Verín, interpretaranse cantigas populares, danzas tradicionais, música para dúos, tríos e cuartetos de gaita e percusión tradicional. Conforma a sexta das actuacións programadas con motivo da celebración do Nadal 2011 e os Reis 2012, e que permitiron a realización de actividades como concertos do Conservatorio Elemental de Música, festivais de teatro a cargo da Asociación de Amigos de la Cultura y el Ocio ‘La Caja de Pandora’ ou actuacións do Coral de Verín ou das pandereteiras de Femuro (Federación de Mulleres Rurais de Ourense).

Por outra banda, a Casa do Escudo de Verín acolle a mostra 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', con misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A mostra pódese visitar  ata o 7 de xaneiro de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>