Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Panxoliñas e actividades infantís en Verín
Panxoliñas e actividades infantís en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 29 Decembro 2011 15:20

Durante a xornada de mañá, a localidade de Verín acollerá a realización de dúas actividades aptas para todos os públicos: Animación Infantil Aever e Panxoliñas Tradicionais.

A primeira das actividades, Animación Infantil Aever, terá lugar a partir das 17.30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Está organizada polo Centro Comercial Urbano de Verín, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, e contará coa actuación de monicreques, malabaristas ou ximnastas. Durante esta gala tamén se repartirán os seis premios de 100 euros da campaña ‘Este Nadal merca en Verín’ e os do concurso Escaparates da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.

A segunda, Panxoliñas Tradicionais, será no salón de actos da Casa da Cultura de Verín desde as 20.30 horas. Cantos e músicas tradicionais de Nadal interpretados por grupos de asociacións de mulleres rurais da Comarca de Verín, Agrupación Musical de Bouses e Grupo Brixel. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural A sombra do Brixel.

Ademais, ata o 7 de xaneiro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>