Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cotillón infantil en Verín
Cotillón infantil en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2011 13:14

Mañá, desde as 11 ás 12.30 horas, o centro infantil Amaro Refojo de Verín acollerá a celebración do segundo Cotillón infantil para os/as menores da localidade.


Esta iniciativa, que se realizará no patio do centro escolar, permitirá que os/as nenos/as participantes despidan o ano 2011 cunha alternativa de lecer diferente, que inclúe música de Nadal, maquillaxe de festa e doces. Ás 12 horas, os/as menores comerán doce gominolas para celebrar a súa particular entrada no ano 2012.
Por outra banda ata o 5 de xaneiro, o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) promoven a cuarta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos,  co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Para poder acceder a esta actividade, que terá lugar de luns a venres (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas), será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non portar o ticket e vale-.

Ademais, a Casa do Escudo de Verín acolle ata o 7 de xaneiro a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>