Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas para medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros
Axudas para medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2011 13:34

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria das bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2012.

Os beneficiarios que poden acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países son as seguintes figuras xurídicas con sede social na Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas.
b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no capítulo VII do título III do Regulamento (CE) n.º 479/2008 del Consello, do 29 de abril.
c) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas vitivinícolas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Viños con denominación de orixe protexida.
b) Viños con indicación xeográfica protexida.
c) Viños nos que se indique a variedade de uva de vinificación.

Características das accións e programas:
1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países aos que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as medidas que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 1 de xullo.
3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.
4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.
5. Sen prexuízo do disposto nos puntos 3 e 4 as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.
Accións:
• Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos comunitarios en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente
• Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.
• Campañas de información, en particular sobre os sistemas comunitarios de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas
• Estudos de novos mercados, necesarios para a búsqueda de novas saídas comerciais
• Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información

Actividades de promoción:
• Misións comerciais
• Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.)
• Promocións en puntos de venda
• Portais web para promoción exterior
• Misións inversas
• Oficinas de información
• Gabinete de prensa
• Presentacións de produto
• Feiras e exposicións internacionais, etc.,sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores
• Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores
• Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.
• Estudos e informes de mercado
• Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción
• Auditorías de execución de medidas e gastos das accións

Para a convocatoria de 2012 serán atendibles os gastos realizados entre 1 de xullo de 2012 e 30 de xuño de 2013.  Mentres que o prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será 29 de xaneiro de 2012.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>