Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Noite de Entroido”, cartel gañador do Entroido 2012
“Noite de Entroido”, cartel gañador do Entroido 2012 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2011 13:40

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou coa participación cidadá no proceso de selección. En devandito proceso participaron un total de 166 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos once carteis. Unha vez concluídos o período de votación, desde o 20 ao 26 de decembro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles tres puntos ao primeiro, dous ao segundo máis votado e un ao terceiro, obtendo o seguinte resultado:


- 3 PUNTOS:  CARTEL Nº 7   (“ENTROIDO MÁXICO”), que obtivo un total de 181 votos.
- 2 PUNTOS:  CARTEL Nº 10   (“NOITE DE ENTROIDO”), que obtivo un total de 164 votos.
- 1 PUNTOS: CARTEL Nº 6   (“O NOSO ENTROIDO DE SEMPRE”), que obtivo un total de 140 votos.

Posteriormente, o xurado cualificador composto por Leonardo Vidal -pintor-, María del Pilar Salgado -profesora de Pintura da Escola de Artes e Oficios-, Maritina Salgado  -Asociación Valarte-, José Manuel González -presidente da Asociación O Cigarrón de Verín- e María José Rivero -técnica da Eurocidade Chaves Verín- someteron aos tres carteis anteriores a unha segunda elección, outorgándolles as seguintes puntuacións:

- 6 PUNTOS: CARTEL Nº 10   (“NOITE DE ENTROIDO”)
- 4 PUNTOS: CARTEL Nº 7   (“ENTROIDO MÁXICO”)
- 2 PUNTOS: CARTEL Nº 6   (“O NOSO ENTROIDO DE SEMPRE”)

Sumando os puntos do Xurado Popular e do Xurado Cualificador obtivéronse as seguintes cualificacións:

- CARTEL Nº 6   (“O NOSO ENTROIDO DE SEMPRE”): 3 PUNTOS
- CARTEL Nº 7   (“ENTROIDO MÁXICO”): 7 PUNTOS
- CARTEL Nº 10   (“NOITE DE ENTROIDO”): 8 PUNTOS


Polo tanto, O CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO ENTROIDO 2012 É: Nº 10   (“NOITE DE ENTROIDO”), DE PABLO MADRID FERNÁNDEZ.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>