Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Carteiro Real visita Verín
O Carteiro Real visita Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Xaneiro 2012 14:19

Mañá, desde ás 17 horas, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá a visita do Carteiro Real aos/ás nenos/as do municipio.


Durante toda a tarde, realizaranse obradoiros de globoflexia, manualidades con papel e maquillaxe infantil, por parte das monitoras de Ludonadal, para todos os/as menores asistentes a esta actividade de Nadal. Ademais, se colocarán inchables no interior do recinto. Ás 18 horas está prevista a chegada do Carteiro Real, e para finalizar chocolate con doces e churros. Previamente, serán recollidas todas as cartas depositadas polos/as nenos/as do municipio nas caixas de correos situadas en todos os establecementos do Centro Comercial Urbano de Verín durante este último mes.

Tamén no marco da programación de Nadal, o vindeiro día 5 de xaneiro finaliza a cuarta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos,  co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.Para poder acceder a esta actividade, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente, xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER -existindo un límite mínimo de 20 euros (nun só ticket o en varios que sumen este total) e unha penalización de 10 euros no caso de non portar o ticket e vale-.

Ademais, a Casa do Escudo de Verín acolle ata o 7 de xaneiro a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia na Casa do Escudo. Está organizado pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense. A mostra pódese visitar de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>