Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A OMIX de Verín tramita máis de 290 carnés xoves no 2011
A OMIX de Verín tramita máis de 290 carnés xoves no 2011 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Xaneiro 2012 14:13

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou no pasado ano 2011 un total de 292 carnés xoves, o que supón cen máis que no ano anterior, cando a cifra ascendeu a 192.

Este carné é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Poden solicitalo todos os/as mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para facer este carné, hai que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ademais de tramitar este carné, tramita os carnés de Alberguista, (Xove, Adulto, Familiar e Grupo), o Carné Teacher, e do Estudante.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>