Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cabalgata e Gala dos Reis Magos en Verín
Cabalgata e Gala dos Reis Magos en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xaneiro 2012 11:32

Na xornada de mañá, 5 de xaneiro, as rúas de Verín acollerán a tradicional Cabalgata dos Magos de Oriente, a partir das 17.30 horas.

Os reis Melchor, Gaspar e Baltasar saíran desde a Casa do Escudo e tras percorrer a avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, concluirán a súa viaxe no Pavillón Municipal de Deportes onde terá lugar unha gala, na que se repartirán xoguetes entre os/as nenos/as do municipio.

Durante a cabalgata os Reis Magos irán acompañados non só dos paxes senón tamén dun centenar de menores disfrazados de anxos e pastores/as. Con anterioridade, ás 16 horas, acudirán a Residencia de Anciáns Santa María para entregarlle presentes ás persoas maiores residentes.

Tamén mañá conclúe a cuarta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. E o sábado día 7 de xaneiro remata a exposición 'Beléns do Mundo e Filatelia Natalicia', na Casa do Escudo de Verín, que amosa misterios e representacións do Nadal de diversas culturas do mundo, así como coleccións de selos con temática natalicia. Está organizada pola Comunidade Mercedaria de Verín e Concello de Verín coa colaboración da Delegación de Misións de Ourense e Sociedad Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>