'Contos do Espacio ' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Luns, 09 Xaneiro 2012 12:40 |
O vindeiro venres 13 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos do Espacio', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma, a primeira das actuacións da instalación no ano 2012, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
|