Audición de piano en Verín |
|
|
|
Xoves, 12 Xaneiro 2012 14:04 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir das 20.30 horas, unha actuación do alumnado da especialidade de piano do Conservatorio Elemental de Música de Verín.
Neste concerto os alumnos e alumnas interpretarán temas como “Sun, Sun, Sun”, “As Chiapanecas”, “Joshua”, “Patinando sobre xeo”, “Can-Can”, “Paiasos”, “Pequena serenata”, “O alegre campesino”, “Minisonatina” ou “Minuetto”.
Unhas composicións de autores como K. Longschamp-Arushkevichova, L. Beethoven, Kachaturian, J. Haydn, Kabalewsky, Burgmüller, Boccherini, Lemoine ou F. Kuhlau.
|