Dous mozos verinenses reciben a súas vivendas de promoción pública no Barrio de San Lázaro |
|
|
|
Venres, 17 Febreiro 2012 14:17 |
Na xornada de hoxe, dous mozos da localidade de Verín recibiron as súas respectivas vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín, adxudicadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, coa presenza do rexidor verinense Juan Manuel Jiménez Morán.
As condicións das mesmas, rehabilitadas pola Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo e que quedaron vacantes no último proceso de selección, son as seguintes: primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles e 3 dormitorios) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles e 2 dormitorios). Os dous mozos verinenses aos que lles foron outorgadas devanditas vivendas foron: Benita Oliveira Gallego e Daniel Salgado González. No pasado 2011 xa fora entregada a situada no baixo (de 52,71 m2 útiles e 1 dormitorio) a David Rodríguez Rodríguez.
|