Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2012 |
Martes, 21 Febreiro 2012 12:29 |
Desde Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación das bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.
A documentación básica a aportar é o certificado de empadroamento da unidade familiar, fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento, fotocopia de cartilla de aforros; e en caso de separación, nulidade ou divorcio, copia da sentencia. Con respecto a solicitantes anteriores, se a situación continúa a ser a mesma, só é necesario entregar o Anexo I (asinado), mentres que se existen variacións persoais, xurídicas ou económicas deberán entregar toda a documentación anterior. O prazo de solicitude remata o 23 de marzo de 2012. |