Recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil, vencedores da Copa Deputación |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 03 Xullo 2012 12:37 |
No acto participaron o rexedor do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acompañado do primeiro tenente de alcalde, Enrique Díaz García, e o concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón Lamas. Durante o mesmo agradecéuselles aos rapaces e adestradores a consecución deste trofeo, recordóuselles a importancia do deporte na súa formación académica e persoal, e entregóuselles unhas imaxes conmemorativas do equipo. A final da Copa Deputación tivo lugar o pasado sábado, no campo de A Moreira (Xinzo de Limia), e o enfrontamento entre o EDC Verín Infantil e o Pabellón Promesas -gañador da Liga Infantil e ascendido a Liga Galega na súa categoría- finalizou con empate a un, obrigando a quenda de penaltis, onde os xogadores verinenses obtiveron a vitoria por 3-2. |