Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín elabora un Plan de Autoprotección para o Entroido
O Concello de Verín elabora un Plan de Autoprotección para o Entroido PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Xaneiro 2013 11:45

Desde a área de Seguridade Cidadá do Concello de Verín, englobada por Protección Civil e Policía Local, elaborouse un Plan de Autoprotección para o Entroido, que contén todos os protocolos de actuación a seguir polos diferentes equipos de emerxencia que traballan nesta festa ante calquera emerxencia, xa sexa ordinaria ou extraordinaria, co obxecto de que veciños/as e visitantes poidan gozar do Entroido de Verín sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física.


O principal obxectivo deste plan de seguridade, que comezou a elaborarse no pasado verán, é lograr unha correcta coordinación entre os equipos de emerxencia para garantir a seguridade do público as diferentes actividades realizadas con motivo do Entroido, así como dos/as traballadores/as que desempeñan a súa labor profesional nas mesmas. Aínda que a lexislación vixente en materia de Protección Civil e Autoprotección non considera necesaria a realización dun plan de seguridade deste tipo, xa que se trata dun evento ao aire libre con unha afluencia menor a 20.000 persoas, desde o Concello de Verín considerouse necesaria a súa realización e posta en práctica, e máis tras os últimos sucesos acontecidos pasadas semanas, que está articulado en torno as seguintes medidas:

- Reforzo dos equipos dos grupos de emerxencia, tanto de axuda interna (Protección Civil de Verín, Grupo Municipal de Intervención Rápida de Verín, Protección Civil de A Gudiña, Protección Civil de Lobios, Cruz Vermella de Monterrei, Policía Local de Verín, Guarda Civil de Verín, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín e Axencia Galega de Emerxencias) como externa (Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín e 061).

- Programación e realización dos seguintes grandes dispositivos cunha ampla cobertura de seguridade:
• Desfile Infantil. Este ano como novidade haberá un dispositivo no que o tráfico do centro da vila estará controlado e regulado en todo momento para evitar que vehículos de grandes dimensións ou de mercadoría perigosa queden atrapados no transcurso do desfile. Todo co obxecto de evitar un posible risco e que os vehículos de emerxencia poidan acceder sen ningún problema e menos tempo a calquera parte do Desfile Infantil e da localidade (as restantes actuacións dos diferentes grupos de emerxencia quedan articuladas do mesmo modo que en anteriores edicións).
• Desfiles de Domingo e Martes de Entroido. O operativo queda articulado do mesmo xeito que en anteriores edicións.
• Xoves de Comadres. Dispositivo conformado por varios grupos de emerxencia  Protección Civil de Verín, Grupo Municipal de Intervención Rápida de Verín, Protección Civil de A Gudiña, Protección Civil de Lobios, Cruz Vermella de Monterrei, Policía Local de Verín, Guarda Civil de Verín) que estarán coordinados a partir dun Posto de Mando Avanzado proporcionado pola Axencia Galega de Emerxencias (conta cun dispositivo de videogravación de seguridade realizado pola Dirección Provincial de Protección Civil de Ourense). Ademais estableceranse dous postos sanitarios, nos que se prestarán os primeiros auxilios necesarios no caso de ser precisos, e dúas ambulancias.

- Por outra banda, o Concello de Verín porá en coñecementos dos habitantes da vila, así como dos/as visitantes que se acerquen nesas datas á localidade, unha serie de consellos básicos para a seguridade tanto individual coma colectiva. Ademais, se establecerán carteis informativos onde se reflictan as vías de evacuación máis próximas na praza García Barbón por se é necesario a súa utilización.

Para a elaboración deste Plan de Autoprotección para o Entroido, o Concello de Verín tivo en conta as características das diferentes actividades programadas nesas datas, os lugares nos que se desenvolven, as características da festa e do público asistente.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>