Cursos de formación para o certificado de galego |
|
|
|
Martes, 08 Xaneiro 2013 13:21 |
Até o día 24 de xaneiro, o Concello de Verín abre un período de inscrición en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA).
A inscrición nos cursos de formación para as probas dos CELGA é gratuíta. Os/As interesados/as só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario de solicitude (recoméndase que, antes de facer a solicitude por escrito para os niveis 2, 3 ou 4, os interesados se informen no propio Concello dos coñecementos previos que se requiren).
Devanditos cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato.
A duración dos cursos é de 70 horas lectivas e capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas, entrégaselle unha certificación oficial avalada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. que acredita o nivel de formación superado. Ese certificado é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de documentar currículos.
|