Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín
Novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xaneiro 2013 14:54

A aula Multimedia do Concello de Verín, coa chegada do ano 2013, retoma a formación de usuarios/as coa promoción dunha ampla oferta de cursos de informática, que se impartirán na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.

A oferta dos mesmos vai desde os básicos de iniciación a Windows e Internet, pasando por outros máis específicos en Ofimática, Linux ou nocións en deseño gráfico. Estes cursos teñen duración de aproximadamente tres semanas cada un deles, en horario de mañá, tarde e un especial para traballadores/as de 20 a 22 horas, axustándose as necesidades dos/as distintos/as usuarios/as.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín, co obxecto de xuntar un cupo necesario para iniciar os mesmos e escoller o horario ao que se quere asistir.


No pasado ano 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos, tanto de alfabetización dixital (alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total dun millar de participantes.

Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>