Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Finaliza o prazo de inscrición dos cursos de formación para o certificado de galego
Finaliza o prazo de inscrición dos cursos de formación para o certificado de galego PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xaneiro 2013 13:42

O xoves 24 de xaneiro conclúe o período de inscrición en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA) aberto a principios de mes polo Concello de Verín.

A inscrición nos cursos de formación para as probas dos CELGA é gratuíta. Os/As interesados/as só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario de solicitude (recoméndase que, antes de facer a solicitude por escrito para os niveis 2, 3 ou 4, os interesados se informen no propio Concello dos coñecementos previos que se requiren).

Devanditos cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato.

A duración dos cursos é de 70 horas lectivas e capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas, entrégaselle unha certificación oficial avalada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. que acredita o nivel de formación superado. Ese certificado é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de documentar currículos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>