Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Miradas de muller' na Aula CeMIT de Verín
'Miradas de muller' na Aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Xaneiro 2013 13:51

O vindeiro 14 de febreiro, a Aula CeMIT de Verín acollerá, de 16 a 20 horas, a realización da iniciativa 'Miradas de Muller', destinada a ofertar formación e solucións de autoemprego a mulleres desempregadas co obxectivo de axudalas na súa incorporación ao mundo laboral.


Devandita iniciativa, asentada na utilización de servizos dixitais no campo da fotografía, está destinada a mulleres desempregadas do ámbito rural ou de zonas periféricas das cidades con dificultades para o desenvolvemento profesional ou incorporación no mundo empresarial. A iniciativa constará de catro fases:
- Unha xornada de presentación (ese mesmo día e hora) impartida mediante os sistemas de videoconferencia e videocolaboración a través das Aulas CeMIT participantes. Na mesma terá lugar as seguintes actividades: presentación do proxecto e da plataforma "Miradas de Muller" -que se porá á disposición das usuarias-, sensibilización das usuarias a través dunha charla sobre motivación ao emprendemento no campo da fotografía dixital, e presentación dun referente en fotografía dixital para que expoña de primeira man as súas experiencias - así como as vantaxes e retos que implica profesionalizarse no mundo da fotografía.

- Impartición nas aulas CeMIT de cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital:
* Iniciación á fotografía dixital. Cámara de fotos dixital (18 e 19 de febreiro de 2013). Curso básico de catro horas, no que se impartirán contidos como: Que é unha cámara fotográfica dixital?, imaxe dixital: píxeles, tamaños e formatos; cámara dixital versus cámara tradicional, compoñentes técnicos e principais accesorios, funcións e selección dos axustes, fotografar, algo máis que premer o disparador ou E agora que fago coas miñas fotos?.
* Retoque fotográfico: GIMP (20 ao 25 de febreiro de 2013). Curso básico de 10 horas, asentado na seguinte materia: Que é o retoque fotográfico?,  túa mellor imaxe -tamén en papel-, o segredo está no retoque, acción!: retoca con GIMP ou é hora de amosar o resultado. Vaia álbum xeitoso!

- Inscrición das usuarias na plataforma web “Miradas de Muller” a través do cal poderán: acceder a pílulas informativas, dispoñer dun titor e difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo.

- Participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.

As mulleres interesadas no programa, terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación na iniciativa a través da web, antes do 28 de xaneiro. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>