Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Aula CeMIT de Verín promoverá sete novos cursos de informática
A Aula CeMIT de Verín promoverá sete novos cursos de informática PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Xaneiro 2013 13:23

A aula Multimedia do Concello de Verín ofertará durante as próximas semanas sete novos cursos formativos de informática para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que se impartirán son: Busca de información en Internet, correo electrónico (Webmail Creación -manexo dunha conta de correo electrónico-), iniciación á informática, retoque fotográfico (GIMP), cámara de fotos dixital e iniciación á informática básica. Os mesmos teñen unha duración de aproximada de tres semanas, en horario de mañá e tarde (no caso de que exista demanda suficiente para promover a organización destes cursos nun horario especial para traballadores/as, de 20 a 22, tamén se impartiría neste horario).

No pasado ano 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos, tanto de alfabetización dixital (alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total dun millar de participantes.

Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, no teléfono 988-414776 ou no mail : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>