Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín solicitará novos cursos de galego
O Concello de Verín solicitará novos cursos de galego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Xaneiro 2013 14:34

Máis de medio centenar de persoas inscribíronse nos últimos quince días no Concello de Verín como demandantes de formación compensatoria en galego. Superada a demanda mínima necesaria para solicitar cada nivel (20 inscritos/as), o Concello de Verín solicitará da Secretaría Xeral de Política Lingüística que se impartan en Verín dous cursos de galego, para os niveis de Celga 2 e de Celga 4.

Se finalmente a Consellería de Cultura, Educación e O.U. accede á demanda -depende da solicitude total rexistrada na provincia ourensá- os cursos comezarán na primeira quincena de marzo e rematarán a finais de maio. Os mesmos terán lugar na Casa da Xuventude, entre ás 19 e as 22 horas, e  cunha carga lectiva de 70 horas.

Os cursos Celga teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non estudar a disciplina de galego nos estudos obrigatorios ou no Bacharelato. A formación que se imparte nestes cursos capacita aos/ás educandos/as para se presentar ao exame do Celga do nivel correspondente. Aos/Ás que superen as probas entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. acreditativo do nivel de formación superado (o diploma é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a para fundamentar un currículo).  

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>