Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A porcentaxe de faltas baixa un punto e o nivel de esclarecemento de delitos aumenta un 7%
A porcentaxe de faltas baixa un punto e o nivel de esclarecemento de delitos aumenta un 7% PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Xaneiro 2013 13:21

O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.


Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 27 de abril de 2012, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na importancia de colaboración entre a Policía Local do Concello de Verín e as Forzas e Corpos do Seguridade do Estado. Os datos que reflicten as estadísticas corresponden á suma dos delitos e faltas rexistrados no ano 2012:



Coñecidos

Esclarecidos %

2011

2012

Variación %

2011

2012

Variación %

Delitos

188

189

0,5

50

57,1

7,1

Faltas

228

226

-0,9

50

50,4

0,4

Total Infraccións penais

416

415

-0,2

50

53,5

3,5

Violencia de xénero

O seguimento dos casos de violencia de xénero realízase conxuntamente pola Policía Local e a Garda Civil, baixo unhas directrices de coordinación perfectamente delimitadas para dar unha protección integral ás vítimas.  O labor de concienciación canalizouse a través de charlas informativas celebradas nos institutos e colexios enmarcadas dentro do Plan Director, que tamén fai referencia á educación viaria dos maiores. A Guarda Civil impartiu 13 charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a convivencia e seguridade escolar, onde as temáticas principais foron os riscos de Internet, seguidas de drogas e alcohol, e en menor medida, acoso escolar e incendios. Os destinatarios das charlas impartidas pola Garda Civil foron principalmente alumnos, e nais e pais e profesores con centros escolares da comarca. Tamén se desenvolveron oito reunións con asociacións de Ampas, directores, e persoal docente.

Declaracións

O subdelegado de Goberno insistiu no bo facer Forzas e Corpos de Seguridade e precisou que “o traballo desenvolvido irase reflictindo pouco a pouco na baixada dos índices delictivos da comarca”. Castro, tamén se interesou pola organización dos eventos festivos relacionados coa celebración do Entroido e animou aos veciños a participar con humildade e prudencia nestas tan importantes para Verín”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>