Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Paco Lodeiro, pregoeiro do Xoves de Comadres en Verín
Paco Lodeiro, pregoeiro do Xoves de Comadres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Febreiro 2013 11:03

O vindeiro día 07 de febreiro, o presentador e actor Paco Lodeiro será o encargado de realizar o pregón dunha das xornadas máis participativas, orixinais e emblemáticas do Entroido de Verín: o Xoves de Comadres. Con grandes doses de humor, ironía e risas, este showman aportará unha visión particular aos asuntos de actualidade nunha noite na que se iniciará de modo oficial o ciclo do Entroido na localidade.

Francisco Javier Lodeiro Gómez (Paco Lodeiro), ademais de actor, presentador e showman,  foi profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña durante os noventa. A súa relación co audiovisual nace a comezos desa década, primeiro na TVG en programas de produción propia e en series de ficción, para despois pasar a TVE e desde 2002 presentar o programa “Cifras y Letras” en varias canles da FORTA (Aragón, Castela La Mancha, Asturias, Madrid, Valencia, Extremadura e Galicia).

Ten traballado en populares programas radiofónicos como “Miradoiro” ou “Corre Carmela que chove”, nas series de ficción “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda” e “Libro de Familia” (todas na TVG) e tamén ten experiencia en longametraxes como “Arde Amor”, “Blanca Madison” e “Los muertos van deprisa”. Ademais, produciu documentais e programas de televisión, polo xeral relacionados coa música “Pucho Boedo: un crooner na fin do mundo”, “Satélites: unha orquestra de lenda” ou “Sempre Pucho”.

Con respecto aos premios e recoñecementos, ten no seu haber diversos premios polo seu labor radiofónico, premio ao mellor guión no concurso de Apropósitos Nito (Deputación da Coruña, 1999) e ao mellor comunicador de TV por “Cifras e letras” nos Premios Mestre Mateo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>