Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cinco novos cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Cinco novos cursos formativos na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2013 12:32

Ao longo do mes de febreiro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará cinco novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: procesador de textos, busca de información en Internet, correo electrónico (Webmail Creación -manexo dunha conta de correo electrónico-), retoque fotográfico (GIMP) e cámara de fotos dixital. Os mesmos serven de continuación aos outros cinco impartidos no pasado mes de xaneiro, que foron dous de iniciación á informática, dous de busca de información en internet e un de correo electrónico.

Os cursos de retoque fotográfico e cámara de fotos dixital forman parte da iniciativa 'Miradas de Muller', destinada a ofertar formación e solucións de autoemprego a mulleres desempregadas co obxectivo de axudalas na súa incorporación ao mundo laboral. A mesma consta de catro fases: xornada de presentación (14 de febreiro, de 16 a 20 horas, impartida mediante os sistemas de videoconferencia e videocolaboración a través das Aulas CeMIT participantes), impartición dos cursos anteriores, inscrición das usuarias na plataforma web “Miradas de Muller” (a través do cal poderán: acceder a pílulas informativas, dispoñer dun titor e difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo) e participación nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.

Durante o ano 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos, tanto de alfabetización dixital (alfabetización dixital básica, ocio e internet, operacións a través de internet ou ofimática, entre outros) como de mellora continua dos usuarios (capacitación especializada), sumando un total dun millar de participantes.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>